20151125_151327

Actividades de Coeducación en Abegondo

Baixo o lema «Abegondo pola Igualdade», durante os meses de novembro e decembro de 2015, o Concello de Abegondo ven organizando, co apoio técnico de Esproade, S.L. diversas actividades de coeducación desenvoltas no CEIP San Marcos.

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nas 6 sesións da unidade didáctica «Educando en Igualdade», que remataron o 25 de novembro nunha gran ximkana conmemorativa do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. A ximkana constou de 6 probas diferentes que o alumnado, organizado en grupos, tiña que ir superando para acadar as letras da palabra Igualdade. A xornada foi un éxito de participación e todas as persoas amosaron gran implicación, desde o alumnado, o profesorado e as técnicas do Concello de Abegondo.

Para o alumnado de 3º e 4º de primaria diseñouse unha sesión de contacontos que se desenvolveu o 27 de novembro.

Educación Infantil (5 anos) e 1º e 2º de primaria participa en sendas unidades didácticas adaptadas ás idades do alumnado e que están tendo tamén unha gran acollida.

Agardamos que estas actividades senten poso en todas as persoas que participan nelas e que dentro duns anos xa non sexa preciso organizalas, pois significará que mulleres e homes estamos en situación de equidade.

Posted in Artículos.