Por segundo ano consecutivo, celebrouse no Centro Cívico de Arteixo, o II Laboratorio de Innovación Musical no Nadal. Nesta edición formaba parte do contexto das actividades da Escola Municipal de Música de Arteixo.
Entre os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015, as persoas inscritas no laboratorio participaron en tres tipos de actividade:
> Creación musical, onde desenvolveron traballo de percusión e psicomotricidade.
> Creación con novas tecnoloxías: deseño de partituras e bases rítmicas con ordenador e xogos musicais.
> Creación de atrezzo, onde deseñaron e elaboraron os elementos da decoración para a posta en escea.
O día 30 tivo lugar a actuación final, no salón de actos do Centro Cívico, cun espectáculo conxunto onde amosouse todo o traballado durante 5 intensas xornadas, con gran acollida por parte do público presente.