Esta semana Santa, desde a Escola Municipal de Música de Arteixo e co persoal técnico de Esproade, púxose en marcha o proxecto musical «O son do noso corpo», actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida desde a Escola e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
Durante os días 11, 12, 13 e 17 de abril traballáronse aspectos artísticos da creación musical e da posta en escea dunha representación. Nesta ocasión empregouse o propio corpo como instrumento musical, poñendo en valor as posibilidades como elemento de creación, de ritmo e de son.
Ademais, durante estes días empregaron as novas tecnoloxías aplicadas á música para a creación de bases musicais e para a transcrición da partitura das creación.