20190107_114354

Laboratorio Musical de Nadal en Arteixo

O equipo de profesionais de Esproade, S.L. que imparten actividades na Escola Municipal de Música de Arteixo, organizaron para o periodo de Nadal, un ano máis, unha actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida desde a escola durante o curso.

As persoas participantes traballaron en tres propostas de obradoiros diferentes en cada xornada. Estes obradoiros formaban parte dun eixe común e os traballos desenvoltos en cada un deles estaban coordinados para conseguir un produto final conxunto.

Ao final deste laboratorio tivo lugar unha actuación mostra do traballo desenvolvido os días previos. A temática xeral nesta ocasión foi a exploración da música característica das diferentes zonas do mundo, analizando diferentes estilos musicais e a importancia da música nas diferentes culturas.

 

Posted in Artículos.