SE019

Programa Ven e Descubre do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros desenvolve desde hai tempo o programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores. Na edición do 2018, baixo o lema » Os outros Oleiros», que servíu de eixo vertebrador das saídas, as persoas participantes visitaron diferente lugares relacionados coa historia da cerámica e a oleiría popular, a industrialización e a renovación actual deste sector.

Acompañadas do equipo técnico de Esproade, S.L., o programa levounas aos territorios seguintes:

Excursionismo:

  • Os outros Oleiros. Ruta por terras de Riveira, facendo un percorrido polos Oleiros de Riveira, entre o dolmen de Axeitos e o parque natural de Corrubedo.
  • O Oleiría viva de Buño. Pasando polas terras de Buño e Ponteceso, visitando o Ecomuseo do Forno do Forte.
  • Ruta por Sargadelos, Viveiro e San Cibrao, visitando as fábricas de Sargadelos e Regal.

Sendeirismo:

  • Oleiros en barro, visitando a fábrica de louza de Dorneta e o Museo Os Oleiros.
  • Ruta dos Oleiros de Ribeira Sacra lucence, coñecendo a oleiría negra de Gundivós.
  • Ruta das telleiras por Valga e Mesía.
  • Os louceiros de Arousa, visitando Cambados, Vilagarcía e a illa de Cortegada no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Para rematar o programa, realizouse a saída de fin de semana, descobrindo as «ecovías» do río Miño e o río Lima, no norte de Portugal.

Posted in Artículos.