IMG-20191230-WA0006

Feliz ano 2020

Xa rematando o 2019, desde Esproade desexámosvos unhas boas festas e un bo ano 2020.

Nestes días, como actividades propias de Nadal, entre outras, estamos a realizar o campamento de Nadal en Culleredo, cuxa temática medioambiental está en sintonía coas actuáis reclamacións en todo o mundo por un planeta máis limpo.  Deste xeito, a educación constitúese como un pilar fundamental para o coidado do medio no que vivimos, e as experiencias non formais como este campamento, onde se empregan metodoloxías lúdicas e participativas, adoitan ser unha magnífica canle para integrar hábitos nas nosas vidas.

Esperamos que a rapazada que participa e as súas familias disfruten destes días e que coa colaboración de todas e todos consigamos comezar un pouco mellor o 2020.

IMG-20191230-WA0009

Posted in Artículos.