11830070_10203553787399049_169646429_n

Campos de traballo en A Laracha

Un ano máis, A Laracha acolle dous campos de traballo internacionais, dirixidos á persoas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, dentro da campaña de verán 2015 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A primeira das quendas desenvolveuse na Conca do Bradoso, entre o 15 e o 24 de xullo. A segunda quenda comezou o pasado 27 de xullo e rematará o vindeiro 5 de agosto. En ambos casos, contouse con participantes procedentes de lugares tan alonxados como Taiwan, México, Rusia, Alemania ou Ucrania pero tamén de Francia, Valencia, Cantabria, Zaragoza, Huesca ou Palencia.

O traballo a desenvolver consiste na limpeza e acondicionamento das concas dos ríos Bradoso e Acheiro, nuns tramos que contan cunha gran riqueza medioambiental e cultural, pois no seu percorrido albergan numerosos muíños de auga.

Este proxecto iniciouse o pasado verán, cun gran éxito e acollida, tanto por parte do voluntariado como da veciñanza da Laracha, pois o traballo realizado reverte positivamente na comunidade.

O Concello da Laracha, xunto con Esproade S.L., organizan ademais unha serie de actividades complementarias dirixidas a promover o coñecemento da cultura galega en xeral e, concretamente todo o relacionado cos muíños, así como a favorecer valores como a convivencia, tolerancia e o intercambio de culturas a través de xogos e actividades: surf, equitación, excursións, etc.

Posted in Artículos.